Concello de Lugo
Lugo.es - Encontros Dixitais
ENCONTRO DO MÉRCORES, 25 DE NOVEMBRO DE 2009

Nick ANÓNIMO Reloxo 18:30
Separador ¿Para cuando se van arreglar la pistas que van de vilar queimado a San Vicente de pedreda?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:32
Separador Espero que dentro de pouco xa que con esta choiva non é posible. Pero non me negará que quedou marabillosa a pista de aglomerado en quente froito do Plan E

Nick esther Reloxo 18:31
Separador En la Piscina Municipal de las Pedreiras hemos usado ya en muchas ocasiones el buzon de sugerencias para quejarnos de algunos temas del funcionamiento, y ademas hemos hablado con el personal,pero no se resuelven.Queremos saber si hacen caso omiso al buzon y a las reclamaciones que se les dicen
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:34
Separador Nin moito menos. Falarei con Grandío para ver que pasou. É posible que mentras duren as obras da piscina de FRIGSA teñamos máis problemas nas Pedreiras. Pido disculpas e comprensión.

Nick martafarta Reloxo 18:31
Separador Hai xa tempo pregunteille pola Revista Foeminas do Concello, díxome que estaba a mercar vestido novo, pero dende xullo as,os lectores,as non vimos outro número... por que? uso moitos dos temas da revista para as clases co alumnado no Instituto... é o día idóneo para ver un novo número non cre?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:35
Separador Fixemos un libro novo con motivo do 25 de Novembro, día en contra do maltrato a muller. Pode solicitala no Concello.

Nick 76552020 Reloxo 18:33
Separador ¿ Por qué no está iluminado todo el adarve de la muralla por la noche?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:37
Separador Aínda hoxe falei nunha entrevista en Santiago co Sr. Director Xeral de Patrimonio da Xunta. Están preparando un plan para os arranxos grandes nas iluminarias que foron destruidas por uns gamberros. Sabe que esa iluminación é un labor do que se ocupa a Xunta.

Nick Luis Reloxo 18:34
Separador No parking o lado C Social d Fingoi hai un depósito d gas q parece estar sen uso, e estase podrecendo d óxido. ¿Non se podería quitar e aumentar o parking?
¿Podería ordenar cortar as silvas q cobren a beirarrúa diante da entrada ao C d Música? Xa chamei ao 010 e á Patrulla Verde pero segue igual

Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:38
Separador Preguntarei se está en uso ou non e de quen é; paso nota do desbroce das silvas na C da Música.

Nick JC Reloxo 18:36
Separador Sr. Alcalde, saúdos. Podería sinalizarse cun semáforo o cruce ramón ferreiro con pintor corredoira?
Non lle parece que habería que reponher o campanario metálico da torre do reloxo do concello, e as faias que secaron na praza maior? Grazas e adiante.
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:41
Separador Din nos os espertos que os semáforos, agás en determinados lugares entorpecen máis que axudan ao tráfico e a seguridade. O que hai que facer é respectar o máximo de circulación na cidade, os pasos cebras (peóns e automobilistas....).

Din os expertos que ese campanario metálico non é posible e sería un engadido que non favorecería a estética; as faias que están secas repóñense na primavera.

Nick ANTIA Reloxo 18:37
Separador Gustariame saber como ten pensado que o Xacobeo 2010 aumente o numero de visitades a cidade. Creo non se promociona o suficiente a muralla xa que moita xente de fora non sabe ni que existe..seria bon facer algo de publicidade no entorno de Santiago aeroporto por exemplo. web ryanair..
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:43
Separador Queremos aproveitar o Xacobeo e esperamos que a Xunta nos axude a promocionar a Muralla; non é menos certo que estamos traballando en algo importante precisamente para os fins que vostede di. Espérame un pouco? Graciñas :)

Nick encarnacion Reloxo 18:38
Separador En la C.Huertas,salida mercancías del Supermercado Champion,hay olor a basura y residuos por el suelo.Estos despojos se echan dentro del horario estipulado.Exigimos que exista una LIMPIEZA CONTINUADA Y DIARIA DE LA ZONA para evitar los continuos desperdicios,suciedad,basura,que se dejan sin limpiar
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:44
Separador Creo que xa me comentou isto en outras ocasións e nesas ocasións e máis puxémonos en contacto con ese supermercado. Igual chegou o momento de enviar á Patrulla Verde. Grazas.

Nick Luis Reloxo 18:38
Separador En San Roque esquina Comandante Manso e diante Caixa Galicia, levantaron a beirarrúa para meter uns tubos e volveron encher con formigón. ¿Non se pode esixir á empresa que o fixo que repona o levantado con plaquetas como as que ten? Queda horrendo o formigón no medio da beirarrúa
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:46
Separador Farémolo así, aínda que creo que hai un problema coas plaquetas. Voume cerciorar e espero dar solución ao que vostede demanda.

Nick maxi Reloxo 18:38
Separador Hola, cando van ser os examenes para as plazas de auxiliar administrativo do seu concello?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:47
Separador Temos moitos exames de outras prazas, hai que correxir, facer o traballo diario, agora aumentado coa confeción dos orzamentos. Non lle podo dar unha data exacta. Estudie e que teña sorte!

Nick Pedro Reloxo 18:43
Separador Hola alcalde.Para cando o arranxo da rua Frei Placido Rei Lemos. Constitue unha das ruas de entrada o ferial en San Froilan, ademais de ter ali a escola de imaxe e son e de abrirse novos negocios recentemente
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:48
Separador Pois ten razón, pero hai tanto que arranxar. Pero bueno espero que figure dentro das prioridades para o ano que ven.

Nick Ana Reloxo 18:43
Separador Para cando o arranxo da rua Otero Pedrayo?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:49
Separador As beirarrúas están mal. O ano que ven temos un Plan Piles e queremos facelo con eses traballadores.

Nick LUGO Reloxo 18:45
Separador Advirta a Dolores Vieiro que ten que actuar nos colexios, os pais estan mandando os pequenos con febre, varicela.. as clases e asi contaxian os demais. Se os pais non son responsables hai que tomar medidas desde as institucions
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:50
Separador Temos que ser responsables tod@s. Se os Profesores detectan algo así deberían falar cos pais e coas Consellerías de Educación e Sanidade.

Nick jose Reloxo 18:45
Separador Para cando a apertura do final da rua Montiron, hacia Sanfiz e hacia a salida á avd de madrid pola rua paralela a escola de artes. Gracias e un saudo
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:51
Separador Cando remate a urbanización do polígono Sur-K. Outro saúdo e grazas a vostede

Nick encarnacion Reloxo 18:46
Separador Ya llamamos nosotros a la Patrulla Verde en varias ocasiones, y como ve no se ha resuelto. Solo es cuestion de limpiar aquello todos los dias.
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:52
Separador Non só limpar, tamén evitar o problema. Grazas.

Nick nadenova Reloxo 18:48
Separador Alcalde, soy vecino de As Baradas en Nadela hace unos días un senor se presento en mi domicilio con el fin de informarme de que mi casa pasaria a formar parte a la parroquia de Angeles, que hay de cierto en esto, a que se debe este cambio
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:54
Separador Nin sei quen é ese señor nin sei os motivos que ten para dicir iso. Por favor pásese pola Delegación da Zona Rural, ou chame ao 010 e deixe un teléfono para que o Concelleiro o poida chamar.

Nick Luis Reloxo 18:50
Separador Boas.Seria convinte que se arranxese o desnivel de asfalto que existe na avnda da Coruna no cruce con Rio Narla, xa que dificulta a normal circulacion.

moitas grazas
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:55
Separador Paso o seu aviso o encargado de vías e obras. Así se traballa por mellorar Lugo. Grazas.

Nick Lola Reloxo 18:51
Separador Os problemas de trafico na avenida das fontinas son cada vez mais profundos.E a unica avenida da cidade con catro marxes de aparcamento, o asfalto esta afundido,non cree necesario convertila en dous carris para cada sentido como ramon ferreiro?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:56
Separador Estou de acordo niso e no que di do pavimento; buscaremos algún aparcadoiro alternativo.

Nick pepe Reloxo 18:51
Separador En el tablon de actividades de la Piscina de las Pedreiras aparece que,por las mananas,solo habra nado libre.Pero no se cumple,porque los lunes por ej.hay un equipo de natacion de F.P.Por las tardes es cuando se senala que iran equipos,cursillos,etc.¿Por que no se efectua como se especifica?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:57
Separador Hai natación libre en sete calles, agás os luns, mércores e xoves (natación do Hospital de San Xosé e Instituto Ollos Grandes) que ocupan unha calle.

Nick Paula Reloxo 18:53
Separador Para cando estima vostede que teremos unha Avenida da Duquesa ampliada completamente?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 18:59
Separador Espero que en dous anos; estase a facer agora un trozo, e logo o que queda máis próximo o Ceao; logo quedará dese Ronda Norte ata Paulo Fabio Máximo.

Nick Eli Reloxo 18:55
Separador Que lle parece a idea de facer un paso subterraneo en Miguel de Cervantes, cara a entrada da avenida das fontinas. E un punto negro do trafico en Lugo que haberia que solucionar canto antes.
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:00
Separador Estudiouse pero non hai suficiente anchura xa que non quedaría espazo para subir ata Pastor Díaz ou ir cara a Ponte do Sagrado Corazón.

Nick Teresa Reloxo 18:55
Separador Hola Sr alcalde.¿cuando van asfaltar o por lo menos echar esconbro en las pistas que van de vilar queimado a cima de vila ?Andar por alli es imposible.Un saludo.
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:00
Separador Temos falado cos que fixeron as obras do Hospital deixen todo nas mellores condicións.

Nick CEAO Reloxo 18:57
Separador Estan reformando o pavimento da rua da Industria no Ceao, ACORDENSE DAS PLAZAS DE APARCAMENTO!! MELLOR EN BATERIA
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:02
Separador Está o proxecto feito e non sei agora como queda. Permítame unha cousa: E non sería posible utilizar máis o BUS urbano?

Nick Jose Reloxo 18:59
Separador QUe lle pareceria facer un paso subterraneo que salvara a avd de Madrid e Xose CAstineira?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:02
Separador Dígolle o mesmo que contestei na anterior cando se refería Miguel de Cervantes.

Nick Lois Reloxo 18:59
Separador Alcalde, Porque non se completa a colocación de bolardos en toda Yanez Rebolo? Os fins de semana as aceiras estan ateigadas de coches que dificultan a saida dos garaxes, e os aparcamentos legales estan copados polos coches dun taller.
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:04
Separador Todo se andará. Que pena que haxa que recurrir a esta medida, pero por desgracia ten que ser así. Axúdeme cando veñan as protestas!

Nick pepe Reloxo 19:00
Separador Los lunes por la manana ocupan tres calles, por eso se lo digo, porque ademas de no cumplir lo que pone en el tablon ocupan demasiadas calles
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:04
Separador Pásolle a nota o ecargado da piscina. Grazas

Nick Luisa Reloxo 19:00
Separador Para cando unha ampliacion da rua mar cantabrico ao lado de rei chiquito?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:05
Separador Na medida que se desenvolva o Plan Xeral.

Nick Agasallo Reloxo 19:01
Separador Enhoraboa polo Corre con Nós e pola laboura da Concellería de Deportes que é un dos traballos máis destacados deste Goberno local, por favor continuen con esta politica de deporte popular.
Un saudo
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:05
Separador Grazas, e non olvide dentro desa política o cambio e mellora que se fixo nas instalacións deportivas.

Nick Lucense Reloxo 19:01
Separador Suxerencia, Regular o acceso de Xulia Minguillon a avenida da Coruna a traves de semaforos xa que conleva moitisimas dificultades de trafico ese cruce.
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:07
Separador Paso a suxerencia o Gabinete de Tráfico. De verdade que nesto son un mandado, porque son cuestións moi técnicas. Cando se faga dunha sola dirección a Avda. ded A Coruña igual xa non é necesario.

Nick Fran Reloxo 19:03
Separador Alcalde, cando eliminaran o tapon urbanistico do camino de Pipin?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:08
Separador Pense nos que se eliminaron. A ese tamén lle teño ganas, como moitos lucernses, porque hai que ver como afea a esa rúa.

Nick TOMÁS Reloxo 19:03
Separador Que hai de certo sobre a próxima creación dunha empresa de turismo municipal? En que fecha estará lista? Gracias
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:09
Separador Estamos traballando, xunto coa oposición para creala. Espero que o consigamos no primeiro trimestre do ano que ven.

Nick Jose Reloxo 19:05
Separador Non fun eu o de Miguel de Crevantes, pero en todo caso, en Xose Castineira si hai espazo de sobra pra facer un paso subterraneo ou ben uhna rotonda, mais necesario agora co trafico xerado pola sede do INSS, non se poderia aproveitar a reforma de avd de Madrid?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:10
Separador Para facer a Rotonda podemos estar a tempo. Non é mala idea.

Nick pepe Reloxo 19:05
Separador En relación con la noticia que nos presenta hoy EL PROGRESO, ¿ Qué tiene que decir del exconcejal lucense Francisco Fernández?. Menuda chapuza el PXOM
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:12
Separador Que pena esconderse no anonimato para calumniar. O de Paco Liñares foi explicado centos de veces. Os que aprobamos o Plan Xeral fixémolo atendendo aos intereses xerais do Concello e non a intereses particulares. Que lle quede mpoi claro.

Nick PIC Reloxo 19:09
Separador Recorde o do paso de peons en Alexandre Boveda o lado do colexio, dixenllo persoalmente a principio de mes cando o atopei pola rua!! Non e capricho, en horario punta hai moito perigo
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:13
Separador Está pasado o aviso o Concelleiro de Tráfico; xa tiña o aviso e van facer a obra. Claro que non é un capricho. Grazas, de verdade.

Nick JULIO Reloxo 19:10
Separador ¿PARA CANDO SE TEN PREVISTO O ENCENDIDO DO ALUMEADO DE NADAL?
SAÚDO
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:13
Separador No mes de Decembro e non sei o día. O aforro enerxético non é unha broma.

Nick Pepe Reloxo 19:11
Separador Para cando o arranxo da pista que vai pola esquerda dos depositos da auga e vai dar a nacional sexta?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:16
Separador Se se refire á continuación de Mar Cantábrico, pasei o sábado por ela e non a atopei en mal estado. Pense que hoxe por hoxe, só pode ser unha pista. Que ben está a rúa Aceloleiro!

Nick Nito Reloxo 19:11
Separador ¿Que le parece que el Grupo Municipal del PP tenga información sobre el PXOM antes que el equipo de Gobierno?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:17
Separador Habería que preguntarllo á Xunta de Galicia. Nos traballamos para que se aprobe definitivamente canto antes.

Nick Manuel Reloxo 19:12
Separador A la altura del numero 11 de la calle Huertas hay un contenedor de materia organica que esta roto,no abre.Lleva así muchos meses.Me gustaria saber cuando lo van a arreglar
Gracias
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:18
Separador Por favor, cando sexa un caso así chamen 010. Paso o aviso. Grazas

Nick Eli Reloxo 19:13
Separador Que lle parece a construccion dun paso subterraneo en curros enriquez, avenida da Coruna, e illas cies?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:19
Separador Todo iso ten que responder a un plan de mobilidade e tráfico conxunto da cidade.

Nick Sita Reloxo 19:13
Separador Por qué cree que ha renunciado García Díez?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:20
Separador Habería que preguntarllo a él. Eu teño claro que por nada do mundo deixaría a Política Municipal por outra calquera opción: Pero esa é a miña opción e non todos temos as mesmas. Respeto a súa decisión.

Nick Isi Reloxo 19:14
Separador Cree que es posible acabar con la violencia machista?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:21
Separador Mediante formación, abandono de unha cultura machista, profundización nos dereitos humanos, estou seguro que si.

Nick Jesus Reloxo 19:15
Separador ¿Piensa que la gente deja de creer en la política con todos los casos de corrupción que están apareciendo?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:22
Separador Debemos repensar as cousas. Por exemplo: somos máis de 8000 Concellos en España con miles de Alcaldes e Concelleiros; cántos son os que están condenados como corruptos?.

Nick Jose Reloxo 19:16
Separador Para cando controles de trafico na rua Montiron, Virxe da Esperanza, zona de Francisco Norte?. Son un perigo os rapaces e non tan rapaces que fan locuras cos seus coches.
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:24
Separador Por favor, unha chamada, identificándose, o 092 axudaría moito. Grazas.

Nick Marga Reloxo 19:19
Separador Como celebraremos este ano o 9º aniversario da Muralla como partimonio mundial? Haberá algo especial no 10º?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:25
Separador Espere para que falemos do 10; o 9º celebrámolo o luns con un concerto de Milladoiro.

Nick ALBERTO Reloxo 19:20
Separador Por qué non se ponen bolardos despois do tunel que pasa por debaixo do Carrefour Express en Carril das Flores posto que os coches aparcan máis ala do sinal de prohibido aparcar e obstaculizan a baixada dos coches?

Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:26
Separador Paso a súa suxestión o Gabinete de Tráfico. Grazas.

Nick Uxio Reloxo 19:21
Separador Este ano non houbo magosto popular, nin Ludus Party…perderemos máis festas pola crise?
Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:27
Separador Querido amigo, a situación é a que é e non hai para todo. Pero mire cantos magostos houbo nos barrios da cidade e ademais....gratis.

Imaxe OrozcoXosé L. Orozco Reloxo 19:28
Separador Rematamos. Moitas grazas a tod@s e ata a próxima vez que será en xaneiro.

HISTÓRICO DE ENCONTROS
  • Política de Privacidade    Aviso legal    Accesibilidade    Mapa do sitio      Plan Avanza   Instituto de Crédito Oficial